O vindeiro mércores 10 de abril ás 20:15 horas, a sala de plenos do Concello da Guarda acolle a presentación do libro editado por Sermos Galiza “Cento doce viaxes na miña terra”.

Trala presentación por parte de Xosé Manuel Méndez, o autor –Xoán Colazo Pazó- debullará o contido desta publicación de case 500 páxinas e máis de 250 fotografías que percorre todas as comarcas do país cunha ollada afastada dos tópicos para consumo inmediato.

O acto, entendido como unha palestra na que se proxectarán imaxes de elementos naturais, patrimoniais e históricos, dá pé a unha reflexión sobre o noso territorio, gravemente afectado por múltiples formas de destrución e degradación.