Esta fin de semana A Guarda acolle actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio.
Así, en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, este sábado a Praia marítima da Area Grande acollerá a primeira destas actividades en horario de 16:00 a 17:00 horas para concienciar aos bañistas cal é a duración real dos residuos que se verten nas nosas praias.
A segunda actividade realizarase na xornada do domingo na Praia do Muíño en horario de 16:00 a 17:00 horas.
Unha «palliña» das que se empregan para os refrescos pode tardar ata 200 anos en descompoñerse, por iso é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe, emprego de papeleiras e contedores, entre outros. A actividade é aberta a todo o público e é de balde.
