A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades.

A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Centro Cultural, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos entre os que destacan os de informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo de smartphones, entre outros.

Todos aqueles que desexen estar informados sobre a oferta e programación de actividades da Aula CeMIT da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal ou chamando ao 986 611 850.