A Guarda prepara unha xornada para a posta en valor das Letras Galegas coa iniciativa «Festa das Letras», que terá lugar o vindeiro domingo día 19 de maio na Praza do Reló (en caso de choiva na Casa dos Alonsos).

A programación de actividades contará coa venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas «Superlector», un stand con publicacións municipais e un sorteo final.

As actividades darán comezo na Praza do Reló ás 11:30h co Contacontos «A detective peregrina», a cargo de Polo Correo do Vento, seguido ás 13:00h dunha sesión de vermouth musical con «Roger de Flor».

Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.

Ás 18:00h terá lugar o espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a cargo de Xoan Curtel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo baixo o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón.

Xogo de Pistas «Superlector»

Unha das actividades principais desta Festa das Letras 2019 na Guarda e o Xogo de Pistas «Superlector», un xogo que consiste en buscar, a partires dun fragmento de texto, unha ilustración ou unha fotografía, ou título dos libros, a colección a que pertence e o seu autor. Nesta actividade poderán participar nenos de entre 3 e 12 anos en tres categorías.

Para participar é preciso que se recollan as pistas no Centro Cultual dende o sábado 11 de maio, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras.

Unha vez completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o día 19 de maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de Superlector.