Este luns 23 de setembro (festivo local), A Guarda celebra a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no monte a multitude de fieis e devotos da Virxe.
Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8:00, 9:00 e 10:00 horas e ás 11:00 horas Misa solemne con sermón e procesión.
Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.
A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.
Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o patrimonio, sinal de identidade do pobo de Guarda, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega. Unha ocupación da zona delimitada pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único.