A Guarda celebra o “Grande Trail Serra D´Arga”
EDUARDO CAMPOS // Grande Trail Serra D´Arga

Esta fin de semana celébrase o evento deportivo “Grande Trail Serra D´Arga 2018”. Unha proba que este ano cruza a fronteira dende Caminha para desenvolver parte do seu programa no Concello da Guarda e no Monte de Santa Trega.

Este venres celebrarase a proba GTSA Sunset, cunha distancia de 13km. Os participantes realizarán a travesía no transbordador Ferry Boat ata A Guarda ás 17:30h, para saír ás 20:00h dende a marxe galega do Río Miño e percorrer os 13km da proba polo Monte Santa Trega, onde os participantes gozarán das especiais e singulares vistas cun «sunset» ou solpor máxico.

Na parte final desta proba realizarase unha travesía en kayak ata o Centro de Caminha atravesando o Río Miño.

Na xornada do sábado terá lugar a proba Grande Trail Serra D´Arga Aventura, cun total de 80 km e que terá saída dende A Guarda ás 7:00h da mañá, cun percorrido polo Monte de Santa Trega e continuará por terras de Caminha. A entrega de premios realizarase ás 18:30h en Dem (Caminha).

A programación de actividades do Grande Trail Serra D´Arga realizarase do seguinte xeito:

PROGRAMA 2018

21 de setembro (sexta-feira)
16h00 – Abertura do secretariado nos Paços do Concelho de Caminha
18h30 – Travessia do Rio Minho em Ferry Boat
19h00 – Partida do GTSA Sunset 13 Km
21h30 – Entrega de prémios GTSA Sunset (centro da vila de Caminha)
22h00 – Encerramento do secretariado

22 setembro (sábado)
05h30 – Concentração dos atletas GTSA Aventura 80Km no centro de Caminha
06h00 – Partida GTSA Aventura 80Km
07h00 – Abertura do secretariado em Dem
09h00 – Início da prova Ultra Trail 53km e encerramento do secretariado
10h30 – Partida GTSA KM Vertical em Estorãos
15h00 – Abertura do secretariado em Dem
16h00 – Partida GTSA Kids (Dem)
17h30 – Entrega de prémios em Dem (GTSA Aventura 80 Km, GTSA Ultra Trail 53 km e GTSA Vertical)
22h00 – Fim das atividades

23 setembro (domingo)
09h00 – Partida Trail Longo 33 km
10h00 – Partida Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km em S. Lourenço da Montaria
10h10 – Partida da Caminhada 7 km
11h30 – Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Curto 14 km (S. Lourenço da Montaria)
11h50 – Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Longo 21 km e Trail Longo 33 km (S. Lourenço da Montaria)
15h00 – Cerimónia de entrega de prémios Trail Longo 33 km, Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km S. Lourenço da Montaria)

*As horas do programa anterior están en horario de Portugal, +1:00h en España.

Máis informacións en: GT Serra D`Arga e Carlos Sanature Events.