O Concello da Guarda, o abeiro do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 desempregados coas seguintes características:
Este plan ten por finalidade facilitarlles ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados para adquirir experiencia profesional e facilitarlles a súa futura inserción no mercado laboral.
Requisitos para poder optar a estes postos de traballo.
- Estar inscritos no Servizo Público de emprego con demandantes de emprego, desempregados ou co cartón de mellora de emprego no Código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego – Provincial ou Baixo Miño.
- Estar en posesión da titulación do posto de traballo a desempeñar.
- Que non transcorresen mais de 5 anos desde a terminación dos estudos.
- Que non estivese contrato/a en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano.
