Dentro do programa #AVeciñanzaConta, do Concello do Rosal, onte celebrouse unha reunión coa directiva do clube Acanor Atlético Novás de balonmán. Nesta xuntanza falouse sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano.

O Acanor Atlético Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do clube coa canteira de rapaces e rapazas de idades moi novas é fundamental.

Decenas de nenos e nenas do Rosal e concellos limítrofes xogan nas escolas deportivas e nos equipos base, con idades que abarcan dende os 4-5 anos ata os equipos de adultos, que xogan en categoría de división honra de prata nacional.