Esta mañá o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña.

Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os mozos, establecéndose un máximo de 20 premios consistentes en material informático: 12 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 8 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo. Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.

No acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables, asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.

Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.

Premiados/as:

IES A Sangriña:

  • 2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.
  • 4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.
  • CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.

CEIP A Sangriña:

  • 6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.

As Solanas:

  • 6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.

Sinde:

  • 6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.

Carmelitas:

  • 6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
  • 4º Primaria: Carlota Cividanez Berrecoso

Somascos:

  • 6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
  • 4º Primaria: Iria Sanz Berridy