O Concello da Guarda estrea estes días a «súa nova rúa Concepción Arenal«, tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra.

«Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde os guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona. Na actual configuración da rúa o tráfico rodado está restrinxido e toda a zona é prioritaria para os peóns«, explican dende o Concello da Guarda.

«Esta rúa«, indican, «supón o pistoletazo de saída a un novo modelo de mobilidade na Guarda, que recuperará o espazo público no centro da vila para as persoas. Esta visión responde á necesidade de transformar o centro urbano nun espazo integrador, accesible e dinámico».

O Concelleiro de Mobilidade, Modelo Urbano e Comercio e Teniente Alcalde, Anxo Baz, sinala a importancia deste paso como o primeiro de moitos no camiño de transformación do centro da vila cun novo modelo pensado para as persoas. Ademáis, lembra «que está mais que demostrado que este tipo de intervencións supoñen un impulso positivo para os comercios e establecementos hostaleiros e polo tanto para un sector que é clave na economía do municipio. Miramos cara a un futuro no que o centro da Guarda sexa un lugar aberto e agradable onde os veciños se atopen, convivan, paseen, fagan a compra, tomen algo e onde acollamos ás persoas que nos visitan cada ano cun sentimento de orgullo, presumindo da nosa preciosa vila”.