equipos infantís de Lóstregos e A Guarda Hockey Liña
Equipos infantís de Lóstregos e A Guarda Hockey Liña

O pasado domingo, o Clube A Guarda Hockey Liña foi o organizador da Sede de Liga Galega na categoría masculina, na que os oito equipos da categoría disputaron as xornadas 8 e 9 da devandita competición.

A Sede celebrouse no pavillón de Bouzas da cidade de Vigo, lugar habitual no que o clube Guardés disputa as súas competicións oficiais coma equipo local, debido á falta de instalacións da Vila da Guarda.

Dende as dez da mañá e ata as oito da tarde xogáronse oito partidos correspondentes á categoría masculina e as oito disputouse un partido aprazado da categoría infantil.

No partido da mañá os guardeses saíron derrotados fronte ós líderes invictos, Lóstregos Máster de Lugo, por un abultado marcador de 7-3. Non foi un bo partido dos guardeses que pagaron caros os numerosos erros defensivos fronte a un equipo lucense con moita pegada.

Xa na tarde, e con un ateigado pavillón, os rapaces da Guarda enfrontáronse o Morcegos HL de Ourense, rival directo para tentar acadar ós playoffs polo título de liga. En este encontro os da Guarda lograron atopar o equilibrio entre liñas que lles faltou na mañá e dominaron en todo momento o marcador vencendo ó final por un resultado de 6-3 que os sitúa na quinta praza da Liga e con dous partidos menos por disputar.

No partido de peche desta maratoniana xornada os infantís de A Guarda Hockey Liña perderon a imbatibilidade na Liga Galega fronte ós Lóstregos de Lugo que foron moi superiores e non deron opción a pesares do bo papel dos nenos e nenas da Guarda Hockey Liña.