Este domingo, ás 20:00 horas, a Casa dos Alonso acolle a inauguración da Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González.
O autor fará unha breve explicación de como é o proceso de elaboración destas maquetas nas que se inclúen varias representacións, como a Igrexa Parroquial da Guarda, a Igrexa Parroquial de Salcidos, a Capela de San Roque, a Capela das Mercedes, a Capela da Guía, a Capela de San Gregorio, a Capela da Virxe do Camiño de Rebordáns en Tui, a fachada do Concello do Rosal, o Centro Cultural da Guarda, entre outras.
Ramón González leva 6 anos realizando estas maquetas empregando principalmente polispán e pinturas, cun minucioso traballo que representa a escala diferentes elementos arquitectónicos da comarca.
Esta exposición estará ata a primeira semana de setembro en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e de tarde, de 19:00 a 21:00 horas, os días laborais, e en horario de 19:00 a 21:00 horas os días festivos.