O Concello da Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso, totalmente de balde, traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación online, captación de clientes e branding da marca do establecemento.

O curso terá unha duración total de 10 horas e realizarase os mércores de outubro en horario de 17:00 a 19:00 horas.

O prazo de inscricións está xa aberto ata o 25 de setembro a través da Oficina de Turismo da Guarda. As persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986 614 546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.