O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo ó abeiro das bases reguladoras das subvencións a Concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos de Galicia, con cargo á subvención da Axencia Turismo de Galicia.
Característica do posto:
- Contrato laboral de duración determinada, 3 meses a xornada completa de luns a domingo.
Titulación esixida:
- Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guías se turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello dende a publicación do presente anuncio ata o 31 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.