concello de oia
ALFREDO // Concello de Oia

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de case 1 millón de euros.

Son 22 concellos, entre eles A Guarda, Oia y O Rosal, os primeiros beneficiarios destas partidas da Liña 2 do Plan Concellos 2019. En concreto, trátase de subvencións por un valor de poreto de 124.000 euros.

Permitiránlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Así, A Guarda recibirá 71.340,27 euros para a Carreira de Orientación, o Trail do Trega, a primeira Proba de Enduro, Deporte e Cultura Urbana, o programa Verán Deportivo, as Andainas 2019, a Feira de Emprego, a Gala do Deporte, material para Turismo 2019, actuacións musicais na Festa da Langosta, actividades culturais 2019, a tirada de fogos artificiais das Festas do Monte, a Galifornia Beat e a Festa das Letras.

Un total de 34.930 euros serán para O Rosal para o Campamento de Verán, a Festa do Pilar, a Feira do Mirabel, a Mostra da Camelia, a Festa do Cabaqueiro, a Feira do Viño do Rosal e o programa de inmersión lingüística en inglés.

Para Oia vanse achegar 17.784,96 euros para primeiros auxilios no deporte, concertos de primavera e verán, un obradoiro para fomentar o envellecemento activo, un obradoiro de teatro, para publicar material turístico e para impulsar actuacións como Rumbo ao Emprego e Coidados Psicosociais Básicos no Alzheimer.