Dhogs
Dhogs

O vindeiro xoves, 7 de febrero, o cine club Poleiro proxecta no auditorio de Goián ás 21:30, Dhogs, unha película de Andrés Goteira e interpretada por Miguel de Lira, Carlos Blanco e Antonio Durán Morris.

Sinopse:

Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas.

Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.