O Servizo de Arquitectura da Deputación de Pontevedra ven de remitir ao Concello da Guarda o Proxecto básico de Reforma e ampliación do Pavillón Polideportivo da Sangriña.
Na actualidade o Pavillón da Sangriña conta cun volume principal coa pista e as gradas e varios volumes anexos para vestiarios, ximnasio e instalacións varias.
Este proxecto contempla a reforma interior do corpo principal, a súa ampliación para aumentar a capacidade de espectadores, mellora das condicións de accesibilidade e a substitución do corpo frontal de planta baixa de aseos e vestuarios.
Tamén é preciso renovar as instalacións dos vestiarios, reforzar as instalacións de electricidade e ACS, actualizar os sistemas de protección contraincendios e dotar ao polideportivo dun sistema de renovación de aire e dun grupo electróxeno. Ademais, se pretende dotar a este espazo polideportivo dunha imaxe exterior homoxénea e adecuada aos usos que nel se desenrolan.
A nova edificación contará con sistemas de eficiencia enerxética e o deseño executarase conforme a un criterio eficiente respecto aos condicionantes dos axentes exteriores. Tamén se propón a rexeneración dos espazos urbáns colindantes, mediante novas beirarrúas.
A execución deste proxecto permitiría ter un pavillón da Sangriña totalmente renovado e acorde co nivel deportivo do Mecalia Atl. Guardés.
O Proxecto básico de Reforma e ampliación do Pavillón Polideportivo da Sangriña conta cun orzamento total de 1.674.023,95€. O concello terá que buscar financiamento na Xunta e na Deputación para esta ambiciosa obra.