Unha foto real de Elisa e Marcela

Este domingo, 25 de novembro, Día contra a violencia de Xénero, porase en escena no Auditorio de Goián (18.00 horas) esta singular peza teatral (coproducción co Centro Dramático Galego), na que se relata a historia, con pinceladas de humor, música e gran traballo de actrices, de dúas mulleres galegas namoradas a principios do século XX.

A obra céntrase na historia de ELISA Sánchez Loriga e MARCELA Gracia Ibeas, dúas mestras, que se casaron pola Igrexa en A Coruña no ano 1901. Para logralo, unha delas tivo que adoptar unha identidade masculina. A unión matrimonial, homosexual, foi a primeira do Estado Español, realizándose cen anos antes de que a lei permitira o casamento entre persoas do mesmo sexo.

A cineasta Isabel Coixet realizou unha película sobre a historia destas dous mulleres galegas, que se estreará o ano que vén.