A Jalleira organiza este domingo 29 de setembro, de 10:00 a 13:30 horas, unha xornada de limpeza do Río Peital en Mougás (Oia), para a que precisa voluntarios.

O Material que se precisa para a actividade o dispoñerá o Concello de Oia e A Jalleira. Pregase confirmación de asistencia en ajalleira@gmail.com. O punto de encontro será no Polideportivo de Mougás ás 10:00 horas.

Os voluntarios só teñen que traer ganas de pasalo o mellor posible e botarlle unha man ó medio ambiente. Deberán traer calzado axeitado para a actividade (botas de goma, escarpíns, etc…).

A Jalleira colabora con esta actividade na XII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos da Asociación Adega.

Este é o V ano que A Jalleira participa no Proxecto Ríos. Na primeira edición limparon o tramo que teñen apadriñado no río Tamuxe. Nas tres restantes edicións limpanron os tramos do río Folón, dende o comezo dos muíños ata a súa desembocadura no río Tamuxe.