El parking de O Aral será gratuito la primera hora
ALFREDO // La entrada del parking de O Aral en Baiona.

O Concello de Baiona comunica que a partir do luns, día 9 de setembro, o aparcamento público do Aral comezará co horario de inverno.

Abrirá dende as 7:00 ata as 23:00 horas, pechando polas noites. Ademais, tódolos veciños poderán desfrutar da primeira hora de aparcamento sen custo de luns a venres, excepto festivos.

Desta forma dará servicio ós pais que levan ós seus fillos ó colexio de Covaterreña, ás persoas que teñan que acudir ó centro de saúde ou simplemente a tódalas que vaian a realizar algunha compra ou xestión a Baiona.