Os Concelleiros da corporación municipal no Concello da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, Óscar Alonso Álvarez, María Vanesa Alonso Gándara, José Antonio Baz Lomba, María Isabel Guisande Vila, Josué Álvarez Alonso e Celso Juan Rodríguez Fariñas solicitan un pleno extraordinario sobre a situación de Concepción Arenal.
“Presentamos esta solicitude dun pleno extraordinario cun único punto ante a situación de desgoberno que estamos sufrindo na Guarda pola pésima xestión do PSOE e BNG, que amosa un descontento masivo entre a poboación”, afirman os solicitantes.
O pleno extraordinario é en base aos seguintes motivos:
Primeiro.- As obras da rúa Concepción Arenal da nosa vila comezaron en outubro do ano 2018.
Segundo.- A fecha actual da presentación deste escrito, e que conste aos concelleiros asinantes, aínda non remataron as mesmas nin se teñen noticia de cando rematarán.
Terceiro.- As consecuencias socio-económicas desta obra están afectando de forma más que notable ao tecido comercial, vecinal e de turismo de A Guarda ao ser unha das arterias principais que vertebran a vida e circulación viaria e de mobilidade de A Guarda.
Cuarto.- Estes concellais asinantes, en más dunha ocasión, preguntaron plenariamente ao grupo de goberno actual, formado polo PSOE e BNG, cando ían rematar as obras, que sentido de circulación ou mobilidade ía ter, que zonas se ían peonalizar, porque se cambian sentidos, porque se cortan rúas, que sinais se van manter, que cambios se fixeron e acordaron no proxecto inicial, donde vai a estar o mobiliario urbano, etc. As respostas acadadas variaron en función da oportunidade política, deferindo ou delegando respostas en función dos concelleiros gobernantes do PSOE e do BNG, trasladándose recíprocamente as responsabilidades na competencia e desenrolo da rúa entre o grupo de goberno do PSOE e do BNG pero eludindo ambos o compromiso total da mesma e unha resposta concreta, e chegando incluso a tirar a responsabilidade a Deputación de Pontevedra (gobernada en coalición polo PSOE e BNG).
Quinto.- Diversos colectivos sociais e veciñais da vila, reunidos con membros do grupo de goberno do PSOE e BNG constatan esta caótica situación de desgoberno, que amosa unha absoluta falta de criterio, cos perxuicios trasladados ao ben común dos vecinos e visitantes, chegando incluso a dicir os responsables do BNG que estaban experimentando como podería quedar a rúa, descoñecendo quen dirixe do grupo de goberno as rúas, etc.
Sexto.- Ante esta situación de descoñecemento e perplexidade por parte dos veciños que claman respostas claras, precisas e que non afecten a súa vida e negocios, vémonos na obriga de solicitar a celebración dun PLENO EXTRAORDINARIO para coñecer exactamente estas diversas cuestións que acabamos de exponer someramente neste escrito.
Séptimo.- Asemade, e o ser un tema importantísimo para o desenrolo do Concello de A Guarda, solicítase de maneira expresa que poidan particpar de maneira aberta e activa a veciñanza, asociacións, entidades constutuidas, etc.
Octavo.- Finalmente, solicítase de maneira expresa para dar cobertura a participación cidadá, se proceda a realizar o plenario ás 20:00 h da tarde para garantir asistencia pública ao mesmo.
Por todo o exposto, suplicamos ao SR. Presidente da corporación municipal do concello da Guarda: que admita este escrito e, na súa virtude, se teña por solicitada a convocatoria dun pleno extraordinario nos términos legais e regramentarios anteriormente expostos e a inclusión no orden do día de esta sesión extraordinaria da propuesta deste concelleiros nos términos siguientes:
Único.- Situación Rúa Concepción Arenal, facendo especial fincapé nas seguintes cuestións:
1.1.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, da fecha de remate final da obra da rúa Concepción Arenal.
1.2- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, do sentido de circulación ou mobilidade da obra da rúa Concepción Arenal.
1.3.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, sobre que zonas da rúa Concepción Arenal que se van peonalizar.
1.4.- Comunicación e explicación plenaria pormenorizada, e por quen corresponda, sobre as zonas colindantes ou rúas colindantes a rúa Concepción Arenal que se van peonalizar ou restrinxir ó tráfico.
1.5.- Comunicación e intervencións abertas e activas da veciñanza, asociacións, entidades constutuidas, etc. no plenario.