A actividade nas redes ten cobrado unha importante presenza nas campañas electorais dos últimos tempos e as organizacións políticas téñense adaptado a esta realidade.

«En troque de aproveitas estas novas ferramentas para a difusión programática e o debate coa veciñanza, algunhas organizacións, acostumadas a traballar na trampa e no xogo das regras interesadas e partidistas, teñen comezado a practicar maniobras de manipulación«, afirman dende o BNG de Baiona.

«Un dos casos máis coñecidos«, indican, «é a proliferación de bots que similar ser seguidores de persoas de relevancia e que efectúan loubanzas falsas para promocionalas. Mais tamén teñen cobrado relevancia mediante ataques selectivos a contas de organizacións rivais. Este é o caso que vén de producirse na páxina oficial do BNG en Baiona. Unha serie de reportes masivos veñen de provocar o bloqueo da nosa páxina até que os organismos de control desta rede social comproben os feitos denunciados«.

«Enviamos apelación esta mesma mañá. Non tivemos ningunha actividade irregular nin ilícita e tras consultar na nosa organización vemos de comprobar que estes ataques están a producirse por todo o país. Non cabe dúbida que é un ataque programado ao BNG, mais quenes idearon esta estratexia non só non nos van a calar sinón que nos vai a provocar redobrados esforzos e apoios. A nosa militancia e simpatizantes están a provocar un efecto chamada e a difusión das nosas propostas será aínda maior» comenta Xosé M. Marcote, Coordinador de campaña do BNG.

Este ataque coincide co momento xusto en que o BNG vén de presentar publicamente o seu programa electoral e que pode consultarse na súa web: BNG Baiona