O anfiteatro do Bosque da Lingua de Couso quedou pequeno coas voces de Fran Fernández Davila, Gonzalo Navaza, Soledad García, Manuel Forcadela, Cristal Méndez, Pepe Cáccamo e Xavier Baixeras

Máis de cen persoas reuníronse no anfiteatro do Bosque da Lingua a escoitar as distintos versos destes grandes poetas. Versos premiados, versos sobre identidade, versos vellos e novos, versos sobre a dor e o renacer,  versos de postguerra, versos de musicais, versos con palíndromos… encheron de maxia o espazo natural de 40.000 m2 de carballos, castiñeiros, camelios, teixos e bidueiros da Mancomunidade de Montes de Couso.

Comezou abrindo o recital o historiador Carlos Méixome agradecendo á asistencia para dar paso ás sete voces poéticas: o escritor e enxeñeiro Fran Fernández Davila, o académico da RAG Gonzalo Navaza, a escritora dos paseos do Miñor Soledad García, a compositora Cristal Méndez e os multipremiados Manuel Forcadela, Pepe Cáccamo e Xavier Baixeras.

Os actos pecháronse co presidente da Mancomunidade de Couso, Xosé Antón Araujo, que explicou o proxecto do Bosque da Lingua e  animou á xente a participar nel. O percorrido deste espazo natural conta cunha remesa de especies autóctonas e placas onde se recollen versos a través dun código QR das mellores composicións da nosa lingua. Prevese a construción dun parque infantil para dar máis cobertura ás nenas e nenos que gozan deste espazo cos colexios.