A proxección da película “Cómo entrenar a tu dragon 3” abre este venres, 12 de xullo, o ciclo “Cinema de Verán” en Tui. A cita será ás 22.30 horas na praza de San Fernando.

O público poderá disfrutar da terceira entrega desta saga baseada nos libros de Cressida Cowell producida por DreamWorks. Nesta ocasión o xove vikingo Hipo e o seu dragón Furia Nocturna Desdentao descubrirán o seu verdadeiro destino.

Para Hipo será gobernar Illa Mema xunto a Astrid e para Desdentao ser o líder da súa especie. Até chegar aí poran a proba os lazos que os unen enfrontándose á maior ameaza que tiveron até o de agora.

Cinema de Verán “Cómo entrenar a tu dragón 3”

  • Data: Venres, 12 de xullo, ás 22.30 h
  • Lugar: Na Praza de San Fernando