Nuria Sorelo

O pasado xoves, a Praza do Reló da Guarda acolleu unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra, e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda(CIM) por terceiro ano consecutivo.

Esta actividade contou coa representación da peza «Rosa», da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos.

A artista convidou ao público, que interactuou con ela na Praza do Reló, facendoos partícipes desta acción.