Este venres, ás 22:00 horas, a Praza do Reló da Guarda acolle a terceira e derradeira cita de Música nas Prazas coa actuación de “Pepe Vaamonde Trío”.

Despois das dúas sesións anteriores celebradas nos meses de xuño e agosto nas Prazas de Salcidos e de San Amaro en Camposancos, coas actuacións «Liquen» e «BieitoSolo», agora é a quenda final coa actuación de «Pepe Vaamonde Trío».

Pepe Vaamonde Trío é un formato reducido de Pepe Vaamonde Grupo. Nace cunha clara idea musical cun repertorio que se nutre dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fundamentalmente encamiñados ao baile tradicional. Trátase de música pensada orixinalmente para ser bailada nun claro entorno foliadeiro e festivo. Este grupo está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz. A entrada é de balde.