En 1981 unha serie xuvenil reunía a millóns de persoas diante do televisor. A localidade malagueña de Nerja converteuse nun estudio de televisión para rodar “Verano Azul”, dirixida por Antonio Marcero, e que se converteu nunha icona da pequena pantalla traspasando incluso as nosas fronteiras por medio mundo.

Agora, a RTP portuguesa e a TVG gravaron unha versión da mítica serie que este domingo estrea a Televisión de Galicia. Con actores portugueses e galegos, “Verán M”, trasládanos á praia de Moledo en Caminha, onde discorre toda a trama, e con escenas gravadas en A Guarda (Monte Santa Trega) e Nigrán (Pazo de Urzaiz), para gozar das aventuras dun grupo de adolescentes e un vello mariñeiro (Chanquete).

A produción ten 13 episodios cunha duración de 45 minutos cada un e está dirixida por Patricia Sequeira. «Verán M», gravada en portugués e dobrada ao galego, conta no seu elenco con actores galegos como Isabel Blanco, que interpretará a unha muller galega que pasa os veráns en Moledo.

Os portugueses xa puideron ver “Verão M”, e os galegos teremos a ocasión de ver o capitulo piloto hoxe ás 22:00 horas en TVG1.