A Valedoría do Pobo admite a trámite a denuncia que o  Bloque Nacionalista Galego de Gondomar presentou o pasado mes de marzo contra o Alcalde do municipio e o seu goberno pola falta de solución ao problema da auga en Vilaza.

A valedora entende que a denuncia ‘atopa cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitución’, e considera que o goberno local podería estar actuando contra os principios de actuación das Administracións Públicas, e xa requiriu do Concello de Gondomar información sobre as razóns que motivan a queixa presentada polo Bloque.

A Portavoz Municipal do BNG de Gondomar, Manuela Rodríguez, presentou a queixa debido a que o servizo de abastecemento de auga na parroquia está a prestarse en precario dende que en 2016 o Goberno municipal de Ferreira declarara nulo o acordo do goberno anterior de asumir a cesión, acordada en 2012 pola «Comunidade de Augas de Vilaza, sen que dende esa data se lle dera solución definitiva».  A última iniciativa ao respecto foi unha moción do BNG, rexistrada o 1 de decembro pasado, en que se propuña pasar esa Comunidade de Augas e a súa rede á titularidade do Concello de Gondomar, a través dun trámite de transmisión de aproveitamento hidráulico.

«Mais a moción ficou riba da mesa no pleno celebrado o pasado 15 de decembro, a petición do Alcalde, por unha suposta ‘falta de tempo’ por parte do goberno para analizar a proposta». Segundo explica Rodríguez, nese mesmo pleno Paco Ferreira comprometeuse a estudar a alternativa presentada polo BNG antes de final de ano, “pero nunca máis se soubo”, lamenta a concelleira nacionalista», sinalou Pumar.

«O BNG agarda da Valedora que exerza, a maior brevidade, o seu labor de defensa dos dereitos fundamentais da veciñanza de Vilaza, e, dado que a auga un servizo de competencia municipal de obrigado cumprimento para que Vilaza pase a gozar do servizo de abastecemento nas mesmas condicións que as demais do concello». Porque “despois de once anos, xa é hora de que a esta parroquia se lle recoñeza o dereito ao servizo municipal de augas”, afirma  a Portavoz municipal e candidata do BNG ás vindeiras eleccións municipais, Manuela Rodríguez.

Así o fixo saber no encontro aberto realizado onte na parroquia de Vilaza dentro dos actos da campaña electoral. Rodríguez lembrou que “o domingo 28 maio, a veciñanza de Vilaza ten a oportunidade de lle dicir NON a outros catro anos máis sen regularizar o servizo da auga; o domingo 28, co seu voto, a veciñanza de Vilaza ten a oportunidade de apostar por quen lle dea máis e mellores servizos, e ese é o compromiso do Bloque coas veciñas e veciños de Gondomar”.