A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que reúne a milleiros de persoas no Porto da vila e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira.

En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€. Conta tamen con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.

Este venres arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como Moncho Borrajo. Actor, humorista e showman nacido en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón.

Tralo discurso, a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.

Alí, o humorista realizou a súa actuación ante o público co seu último espectáculo “Borrajo Perdido”. Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.

Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.

Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino. Xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos. A festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego, Luís Zahera, co seu espectáculo «Chungo», recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto.

Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.

Moncho Borrajo