ALFREDO

O Plan estatal de vivenda 2018-2021 inclúe dúas liñas de axudas económicas para o pago do aluguer, unha de tipo xeral e outra destinada especificamente ás persoas de menos de 35 anos.

O Concello de Baiona pon ao servizo dos veciños as oficinas da OMIX para poder solicitar estas axudas económicas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda. O prazo finaliza o 11 de outubro.