Concello de Baiona
ALFREDO // Concello de Baiona.

O Concello de Baiona súmase á convocatoria do 20S en repulsa da Violencia de Xénero e convoca a veciñanza a unha manifestación que sairá este venres, ás 21:00 horas, dende a praza do Concello e percorrerá as rúas casco vello. O mesmo tempo iluminará a Casa Consistorial de violeta.

Esta semana comezou cun acto miserábel, froito da lacra machista, tres mulleres asesinadas diante de dous nenos que observaban coma seu pai acababa coa vida da súa nai, a súa avoa e a súa tía. Un día despois, outro ser miserento asasinaba en Madrid a outra muller tamén diante das súas fillas.

Este ano estamos a bater records nas peores das marcas, xa son 41 mulleres asasinadas segundo cifras oficiais inda que sabemos e sentimos que son moitas máis.

Este venres sairemos a rúa para virar a noite violeta, na memoria das que non están, como mostra de apoio ás que sofren a violencia machista e en repulsa cara este tipo de actos violentos.

Esta convocatoria xurde por un incremento dos asasinatos e violacións durante o periodo estival, convócase o “Estado de Emerxencia Feminista 20S”, solicitando máis medidas para a loita contra a violencia machista.