O Concello de Tomiño e o Club de Atletismo Tegra organizan a segunda edición da Carreira de Nadal. A proba transcurrirá pola nova avenida do Seixo que unha vez rematada a proba quedará aberta ao público.

A xornada deportiva comezará ás 11:00 horas coa categoría de absoluto masculino e feminino cun traxecto de 6km. Ás 11:35 horas será o turno dos alevíns, infantís e cadetes cun percorrido de 1.500 km. Seguiranlle os benxamíns ás 11:40 horas e ás 11:50 horas os prebenxamíns para rematar ás 12:00 horas coas pulgas que farán 100m.

Ao finalizar a carrera os participantes están convidados a chocolate quente a cargo da ANPA Mosteiro. Para participar é preciso inscribirse a través da rede na páxina Carreira Nadal Tomiño. O prazo de inscrición remata o sábado 21 de decembro.

A presentación da carreira celebrouse onte á tarde na Casa do Concello e estivo a cargo dos membros do equipo directivo do Club atletismo Tegra, Protección Civil de Tomiño, e os concelleiros Francisco Campo Lago, responsable de Deportes, e Ismael Troncoso, Concelleiro de Seguridade, tráfico e persoal.