CENTRO CULTURAL PARADA DO MIÑOR

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, organiza para o vindeiro 23 e 24 de agosto, a V edición de “O Camiño do Terror”, unha andaina polo Monte Castelo onde haberá espectáculo, escenas de terror e chocolatada.

A saída será dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. As inscricións están abertas no teléfono 628 986 597 ou no correo electrónico centroculturalparadaminor@gmail.com.

O prezo da inscrición é de 6 euros e inclúe chocolatada. Tamén haberá bocadillos e servizo de cantina.