O domingo 10 de marzo foi a data elexida para a celebración da II Edición do Trail Aventure Muiños do Folón, en O Rosal.

A gran satisfacción amosada polos participantes no “nacemento” do evento o ano pasado, fixo que o Concello do O Rosal e a empresa Qualité Sport Events decidisen darlle continuidade.

Tratase dunha das provas de trail máis espectaculares que se pode realizar en toda a Comunidade Galega, xa que recorre os afamados Muiños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.

Serán dúas as carreiras con carácter competitivo. Unha cun trazado de 12 kms e un desnivel positivo de 450 metros, co lugar máis alto situado na Capela de San Martiño e outra de 21 kms, con desnivel de 1.000 chegando a zona costeira de Sanxián.

Este ano repetirase tamén a Andaina de 10 kms, para aqueles que prefiran gozar da paisaxe dunha forma máis relaxada. Nos tres trazados, pasarase pola beira dos Muiños que estarán “espectaculares” as portas da chegada da Primavera.

Para participar hai que inscribirse dende hoxe mesmo na web Champion Chip Norte. Haberá premio para os máis madrugadores, xa que atá o domingo 13 poderán facelo a un prezo reducido, amais de recibir coma agasallo unha “braga de cuello” os que o realicen nas primeiras 72 horas do prazo.