LACONADA CAMPOSANCOS
CEDIDA

Dende a Comunidade de montes de Camposancos, ainda con o arrecendo das festas de Nadal, Aninobo e Reis, organizan a primera festa gastronómica do ano. Tratase da XXII paletada/laconada de San Amaro, que se celebrará ás 13:30 horas o vindeiro 19 de xanairo.

A primeira hora da mañan a treboada “Os Terribles de Tomiño” percorreran as rúas do pobo anunciando o son da gaita e bombos a festa.

Ás 13.30 horas, no restaurante do Holel Molino, na praia do Forte de Camposancos, terá lugar a degustación da paleta e do lacón de porco con patatas, grelos de berzas e chourizo. Logo, para axudar a dixestión, o Trío Nostalgia animará a bailar. Para rematar a noitiña se servirá un caldiño.

Para asistir é necesario mercar por anticipado a entrada xa que o aforo é limitado.

Prezos

Comuneiros:

  • Nenos ata 10 anos: de balde.
  • A partir de 10 anos e adultos: 5 euros.

Non comuneiros:

  • Nenos ata 5 anos: de balde.
  • Nenos de 5 a 10 anos: 9 euros.
  • A partir de 10 anos e adulto: 18 euros.

Venda de tickets na Casa de Montes:

  • Días 12 e 13 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas.
  • Día 14 de xaneiro de 18:00 a 21:00 horas.