Archivo

O vindeiro domingo 1 de setembro, as pistas deportivas do Codesal, en Camposancos, acollerán o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda. O evento está organizado polo Clube de Volei Miño, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello.

Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante Whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8€ por parella.

En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

O torneo arrancará sobre as 10:00 horas. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.