Un felpudo para el ganador del I concurso de fachadas, balcones y ventanas de Gondomar
Los ganadores del I concurso de fachadas de Gondomar con el premio en la mano

O concello da Gondomar convoca o II Concurso de Embelecemento de balconBalcóns ou Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar para o verán de 2018. O concurso celebrarase dende o 16 de agosto ate o 31 de agosto do ano 2018.

Mediante este concurso, preténdese poñer en valor os beneficios estético-ambientais da recuperación dos balcóns e ventás como elementos vivos da Vila, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou dun edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciño/a-entorno urbano a través dunha persoal achega artística que poden gozar todos, tanto veciños/as como turistas.

Poderá participar no concurso toda persoa propietaria ou arrendataria de vivenda con balcón ou ventá que reúna as condicións necesarias para ser decorado, sen que a actividade decorativa supoña un perigo para a integridade da persoa mesma nin das persoas viandantes. Asemade, a ventá ou balcón e fachada obxecto de decoración deberá atoparse dentro do Casco Urbano de Gondomar.

Facilitarase un distintivo (lazo azul con número) a cada participante, que deberá ser exhibido nun lugar visible en tódolos balcóns/ventás e fachadas que participen. As  data límite de inscrición será o día 14 de agosto de 2018.