Hoxe abre prazo de inscrición para a actividade o ‘’Gran xogo sobre o Día das Letras Galegas’’ que se vai celebrar o martes, 17 de maio, ás 17:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Tui.
Será realizada por Eduvía e na mesma os nenos, dende os 6 anos, deberán superar probas relacionadas co Día das Letras Galegas para acadar o premio final.
Os interesados pódense inscribir dende o hoxe na propia Biblioteca, en horario de luns a venres 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03. Establécese un máximo de 25 participantes.
Por outra parte na Biblioteca están xa expostos os títulos máis salientables de Manuel María, o poeta o que se dedica o Día das Letras Galegas 2016.