Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa de que está aberto o prazo de inscrición para a II edición do taller “Non te pares, Érguete” ata o 25 de maio, o cal será impartido polo persoal laboral da Asociación en conxunto cunha psicóloga experta na materia.

O taller está destinado para persoas en situación de desemprego e terá unha duración de 80 horas. A primeira xornada terá lugar o 29 de Maio e desenvolverase durante os martes, xoves e venres de 9:00 a 14:00 horas de todo o mes de Xuño.

Algúns dos obxectivos que se traballarán son os conceptos de marca persoal, a mellora das capacidades e aptitudes persoais, así como tamén descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais.

O último día do taller, levarase a cabo a II Xornada Empresarial, onde se fará un encontro entre os asistentes e algunhas das empresas da zona para poñer en común as necesidades das mesmas e saber que é o que buscan no mercado laboral e como o buscan. Grazas a estas xornadas, na I edición conseguiuse alcanzar unha ocupación laboral do 25% dos asistentes.

Trátase dun dos talleres que máis expectación presenta na Comarca do Baixo Miño debido ao interese dos participantes de estar á última no mercado laboral, e de explotar o mellor de eles mesmos.

Atópase financiado pola Deputación de Pontevedra, Cohesión Social e Xuventude así como pola cota dos socios e socias e a colaboración do Concello de A Guarda pola cesión das instalacións.

Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición a través da web de Érguete, e facelo chegar ás instalacións da Asociación ou ben a través do email info@erguete.org. Para máis información pódese contactar aos teléfonos 986 61 44 07/640 086 376.

Érguete Baixo Miño aposta pola formación profesional para o emprego así como pola incorporación social e laboral cara á prevención de hábitos e condutas aditivas e promoción e educación da saúde.