A partires do 4 de xullo os alumnos que desexen estudar música no Conservatorio de Música Elemental da Guarda, teñen a oportunidade de matricularse para o curso 2019/2020. O horario de matrícula será de 9:30 a 13:30 horas na secretaría do propio conservatorio sita na rúa Vigo.

As prazas que se ofertan son limitadas sendo outorgadas por estrita orde de chegada, polo que toda aquela persoa que o desexe deberá solicitala na secretaría de dito centro.

Para solicitar información poderase chamar ao teléfono 986 613 002, ou acudir ao mesmo centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.