O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases específicas que rexen a concesión de subvencións para as entidades culturais no municipio.
O Prazo de solicitude é dun mes contando a partir de mañá. Ao igual que o ano pasado, mantense a partida orzamentaria de 25.000 euros e 2.000 euros a subvención máxima.
Os beneficiarios deben estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán e, unha vez finalizada a actividade para a que obtiveran axuda, deberán presentar por Rexistro toda a documentación xustificativa.
O texto íntegro está publicado na sede electrónica do Concello de Nigrán e no propio BOPPO.
