Casa de la Cultura de Tomiño
ALFREDO // Casa Cultura de Tomiño

A psicoterapeuta e psicóloga vasca, Ianire Estébanez, compartirá mañá xoves, ás 10:30 horas na casa da cultura de Tomiño, unha charla co alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova, Estébanez presentará aos estudantes os relatorios os relatorios “Conectamos bien?”, sobre o ciberacoso nas redes sociais, a súa prevención e a resposta colectiva de apoio, e “Enredámonos?”, sobre as redes sociais, as problemáticas que se poden xerar nas relacións de parella, o cibercontrol, a prevención de relacións tóxicas e o empoderamiento.

Esta actividade, e outras ogranizadas pola Oficina Municipal de Igualdade, o pasado mes de outubro, tiveron que suspenderse por razóns de saúde da psicóloga, que volta agora a Tomiño para impartir esta charla cos estudantes de secundaria.

SUSPENDIDA