ALFREDO // Cacharela de San Xoán. (Aquivo)

Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló.

Ademais, póñense a disposición dos guardeses que teñan dúbidas sobre como e onde se poderán facer estas fogueiras.

Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración de todos os veciños da vila para entre todos desfrutar da noite e facer dela unha festa segura.