Asociación Cultural Centáurea

A Asociación Cultural Centáurea comunica que a partir do luns, 15 de xaneiro e ata o mércores 31, ficará aberto o prazo de inscrición para participar no Certame de Coplas do Entroido, que se celebrará o dia 4 de febreiro, Domingo Corredoiro, na praza Manuel Alonso de Gondomar.

Con esta convocatoria, aberta a toda a veciñanza, preténdese pular a continuidade e o contido desta tradición de esmorgas, máscaras e crítica social, que escarnece todo o considerado serio o resto do ano, e afasta as frustracións cotiáns dun xeito lúdico e humorístico. O tema das coplas é libre e as letras terán que ser integramente en idioma galego.

As bases para acceder ao certame están publicadas no Facebook da A. C. Centáurea (https://www.facebook.com/a.c.centaurea), e as solicitudes de inscrición han ser presentadas no correo electrónico da entidade (ac.centaurea@gmail.com).