A partir do 30 marzo, os últimos domingos de cada mes terá lugar unha xuntanza no quiosco dos Muíños do Folón no Rosal para que nenos de 0 a 6 anos xoguen en fagan actividades en galego.

Tamén será un punto de encontro para pais e nais, onde poder intercambiar consellos e experiencias.

A actividade realizarase sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e é de entrada libre. Para máis información pódese consultar o Instagram vai_lecer ou no teléfono 667 879 113.