O Centro Social Fuscalho da Guarda cumpre dez anos, e para celebralo organiza diferente actividades aproveitando a entrada do verán para programar dous días de festa.
Abren a celebración este xoves 23 co Solsticio de Verán. Contarán co concerto da banda de folk Fixe Trío e con foliada.
O sábado haberá durante todo o día un espectáculo circense de Jano o Pallaso para abrir a xornada. Dez anos despois, como na inauguración, contarán con a actuación do grande Leo I Arremecághona.
Para rematar a noite, despois de uns petiscos, darán paso aos concertos da banda local de punk-rock Cazacús, a voz transgresora da cambadense Pauliña, e ao ska da banda viguesa Liska.
«Vem celebrar dez anos de rebeldía com nós! Por outros dez!»

