O BNG organiza un acto de campaña este domingo 11 de febreiro ás 12:00 horas, no auditorio do Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue, para as eleccións ao Parlamento da Galiza do próximo 18 de febreiro
No acto intervirán a candidata Carmela González e o candidato Brais Ruanova. Ademais, tamén intervirá o responsable local do BNG de Nigrán e Portavoz Municipal do BNG, Xavier Rodríguez.
Desde o BNG animaman a toda a veciñanza a que se achegue a escoitar as propostas que o BNG propón para #AGalizaQueVén, porque #Éagora o momento do #CambioGalego. É o momento de darlle unha oportunidade a Ana Pontón para que sexa a primeira muller presidenta da Galiza e nacionalista. Cun goberno presidido por Ana Pontón a Galiza comezará a facerse valer, desde a confianza nas nosas posibilidades e potencialidades como País.