«Poderiamos dicir sen nos equivocar que esta campaña electoral que vai de remate, foi da máis dura que algúns lembramos en moitos anos…..e máis sucia tamén, o que indica que é máis necesario que nunca volver introducir na política local, e obviamente no futuro Goberno Municipal, a decencia política, o sentido común e os consensos necesarios que fagan da Corporación Municipal un verdadeiro foro de debate de ideas e de propostas que sexan de utilidade para mellorar Gondomar entre todos», explica Antonio Araújo Quintas, candidato a alcaldía de Gondomar por Manifesto Miñor.
«Con nós non puideron malia a todo o lixo e ameazas que sufrimos. Resulta evidente que somos necesarios, e estamos convencidos que ademais imos imprescindibles«.
«Pois ben, mañá pecharemos esta durísima campaña ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Gondomar a cuxo acto convidamos a toda a veciñanza de Gondomar que nos queira acompañar e compartir connosco a fin deste etapa», remata.
