A Asociación de Cultivos Baixo Miño (acuBam), organiza unha xornada formativa aberta ao público, o vindeiro xoves 13 de setembro, sobre «A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas».

A actividade, que conta coa colaboración de Abanca, VEMARGALICIA, Deputación de Pontevedra e Concello de Tomiño, celebrarase no salón de plenos do Concello de Tomiño, a partir das 18.30 horas. Durante as xornadas, a asociación aproveitará para facer pública a nova páxina web de acuBam.