ALFREDO // El alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, en su despacho

Según Manifesto MIñor, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, non aparece como asistente nas actas das reunións do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR 14), celebradas os días 22/06/2016, 16/03/2017 e 7/09/2017.

As dúas primeiras reunións, indican, tiveron lugar en Mos e a terceira en Tui. “A pesar de que non figurar como asistente, pasou dietas destas asistencias ao Concello de Gondomar, que foron indebidamente cobradas do erario municipal. No pleno ordinario de novembro, foi requerido polo concelleiro do M.M., para que respostase se cobrou dietas por reunións ás que no asistiu, e non tivo a valentía política de respostar as preguntas, para recoñecelo ou para negalo”, asegura Xosé Antón Araúxo Rodríguez, Concelleiro de Manifesto Miñor.

Arauxo manifesta que nese mesmo pleno tamén foi requerido para devolver as dietas indebidamente cobradas por quilometraxes internas no concello, que mensualmente se situan nun abano de entre 1.000 e 1.500km mensuais.  “No momento da votación, no canto de absterse, como persoa con intereses particulares nunha decisión que o beneficia económicamente, votou de xeito indebido e, por tanto, de xeito irregular“.

De pouco lle sirve a Ferreira que Fiscalía da área de Vigo asegurase que non se tiñan cumprido todos os requisitos e formalidades esixidas pola Lei para o cobro desas dietas,  ainda que considerase que non tiñan relevancia penal, ou que el mesmo argumentase no seu favor perante a Fiscalía que coa compra dun coche “oficial” para facer eses desprazamentoso resolvíase o asunto definitivamente. Á vista dos feitos queda claro que estaba enganando deliberadamente á Fiscalía“, afirma Araúxo.

Para o Concelloiro de Manifesto MIñor, Ferreira fai caso omiso dos informes da Intervención Municipal que lle indican que non pode cobrar dietas por desplazamentos dentro do propio municipio. “Que a interventora do noso concello asegure que os gastos por locomoción presentados por Juan Francisco Ferreira González non se consideran suficientemente xustificados, conforme establece o Real Decreto 462/2002, ao engadir 1.000 kilómetros itinerantes dentro do Concello, cantidade calculada “ao chou” e non xustificada, cuestión relevante para emitir este informe de fiscalización ao efecto de verificar se se trata de servizos con dereito a indemnización, tal e como establecido o R.D. e a Base 25 e 27 do Orzamento do Concello, tendo en conta ademais que a Base 27 do Orzamento referida a cargos electos unicamente fai referencia a desprazamentos fóra do termo municipal“, expón.

“Pero o máis sangrante“, explica Araúxo, “é que desde marzo de 2018, tras a advertencia por escrito de MM, o rexidor abstívose de pasar novas quilometraxes. Agora, co prace da Fiscalía (pensa el) dá renda solta a súa boracidade económica retomando o cobro de dietas dende o mes de setembro. A partir deste mes volveu presentar, auto-autorizándose, novas quilometraxes (1.000-1.500km/mes) que non están nin xustificadas, nin detalladas, nin amparadas pola Intervención Municipal“.

Con todo, o máis incompresible é a burla á Corporación Municipal e ao conxunto da cidadanía de Gondomar por parte do Sr. Ferreira, todo vez que este Sr. dende o mes de xuño dispón dun coche municipal ao seu servizo no que os custos de combustible e mantemento, etc, son cargados ás contas públicas”, asegura.

“Este tipo de decisións do Sr. Alcalde (que xa pretendeu subir o salario hai dous anos por fóra do pactado), fannos pensar que estamos diante de alguén que non mira polos intereses públicos; de alguén que cre estar por riba da Lei…….de alguén que moi ben podería apropiarse da célebre frase pronunciada por Luis XIV “ O Estado son eu”, finaliza o Concelleiro.